Co obxecto de facilitar a xestión e comunicación dos casos confirmados da COVID19 no ámbito deportivo federado de ámbito autonómico e estatal de Galicia, elaborouse a guía adxunta entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Consellería de Sanidade.
Dita guía pretende que os clubes teñan unhas pautas claras sobre como actuar ante a presenza de Casos sospeitosos, casos confirmados de COVID19, contactos estreitos e tamén posibles abrochos.
Este documento complementará o protocolo FISICOVID DXT-GALEGO DA FEDERACIÓN GALEGA DE XIMNASIA e será de obrigado cumprimiento a partir de hoxe.
Rogamos lean o mesmo detidamente e a partir deste momento as comunicacións de casos confirmados deben ser enviadas no modelo oficial Anexo I ao final desta guía ao mail
secretaria@ximnasia.com