×

Urxente! Protocolo de actuación ante a pandemia COVID-19 da Federación Galega de Ximnasia Ler máis

Tras publicación do DOG Núm. 11-Bis do pasado martes 19 de Xaneiro de 2021 e unha vez estudada a normativa recollida na devandita Orde, a FGX comunica o seguinte:
  1. 1. Tal como recolle o noso Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, a FGX establecerá tódalas accións e medidas preventivas de saúde e seguridade basadas nas indicacións e normativas oficiais implementadas coas normas específicas adaptadas ao noso deporte. Estas medidas son complementarias aos protocolos das institución e instalacións deportivas así como das autoridades locais. Sempre supeditadas á normativa que, en cada momento, establezan as autoridades sanitarias competentes.
    2. Neste momento as autoridades sanitarias entenden e teñen datos dunha situación sanitaria o suficientemente preocupante como para suspender as competicións de Deporte Federado de ámbito autonómico e no tocante aos adestramentos que deban respetar as limitacións perimetrais así como as limitacións horarias actuáis.
    3. A práctica da actividade física e deportiva federada de ámbito autonómico en instalacións e centros deportivos poderase realizar de forma individual, ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non convivintes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. Asemade deberán respetarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
    4. Con respecto ás competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos lembramos que a FGX ten neste momento prorrogadas tódalas súas licenzas do 2020 ata o 31 de Xaneiro, non tendo ningún federado tramitadas as correspondentes á tempada 2021. Por outra banda non temos coñecemento do calendario nacional pendente de aprobación e comunicación por parte da RFEG polo que as únicas competicións estatais neste momento vixentes son as aprazadas por mor da situación epidemiolóxica actual. Ditas competicións son o Campionato Nacional GR Base Conxuntos e o Campionato de España GR Conxuntos no que as ximnastas xa estaban inscritas e abonada a súa inscripción á Federación Nacional. A FGX únicamente emitirá certificados de movilidade as ximnastas e adestradoras inscritas e que non se atopen no perímetro de adestramento do seu clube.
    5. Tódalas medidas anteriormente descritas serán revisables e modificables segundo os informes ou interpretacións que a administración competente nos vaian trasladando, neste caso as recibidas por parte de Secretaría Xeral para o Deporte. E serán comunicadas debidamente en prazo e forma.
    6. As medidas prevista na Orde anteriormente descrita terán efecto ás 00:00 horas do día 21 de Xaneiro de 2021
    7. A FGX seguirá loitando e traballando a carón de todos os clubes primando a vosa saúde e seguridade, desexando que esta situación se controle e mellore canto antes e poidamos recuperar a nosa actividade.
Real Federación Española de Gimnasia
Deputación de Ourense
Deputación da Coruña
Deputación de Pontevedra
Galician Sports
O noso sitio web usa cookies propias e de terceiros con fins analíticos e de mercadotecnia. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar