×

Urxente! Protocolo de actuación ante a pandemia COVID-19 da Federación Galega de Ximnasia Ler máis

           Decreto 8/2021, do 26 de Xaneiro e Orde do 26 de Xaneiro pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na nosa comunidade.

           A eficacia das medidas previstas nestes documentos comezará ás 00:00h do día 27 de Xaneiro de 2021 e terminarán ás 00:00h do día 17 de febreiro do 2021.

           Tras reunión do pasado luns 25 de Xaneiro coa Secretaría Xeral para o Deporte onde nos comunicaron que dende dito organismo se enviaría unha circular con aclaracións das medidas recollidas en ambos documentos especificando sobre todo as limitacións con respecto ao deporte de ámbito estatal e internacional, a FGX quedará a expensas de dita documentación para estudar a situación dos nosos clubes así como a posibilidade de aplicación de medidas nel recollidas. 

          Agardamos nas vindeiras horas poder dar solución sempre primando a seguridade e cumprimento das medidas recollidas nos documentos anteriormente descritos.
     
Real Federación Española de Gimnasia
Deputación de Ourense
Deputación da Coruña
Deputación de Pontevedra
Galician Sports
O noso sitio web usa cookies propias e de terceiros con fins analíticos e de mercadotecnia. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar