Un total de 20 ximnastas, 5 adestradores e 2 xuíces pertencentes á nosa Federación foron seleccionados para representar a España nos próximos Campionatos do Mundo de Trampolín.
Dende o día 6 ata o 13 de novembro deste mesmo ano terá lugar na cidade de Birmingham (Gran Bretaña) o
CAMPIONATO DO MUNDO DE TRAMPOLÍN, clasificatorio para os Xogos Olímpicos de París 2024.
Temos a honra de presentarvos ós ximnastas galegos seleccionados para o equipo nacional que participarán nesta cita representando a España:
Noa Puente-Dodd (Ximnasia Pavillón),
Lidia Farrapeira (Ximnasia Pontevedra),
Melania Rodríguez (Ximnasia Pontevedra),
Alejandra Braña (Ximnasia Pontevedra),
Aintzane Dapena (Ximnasia Pontevedra) e
Adrián Soliño (Ximnasia Pontevedra).
Acudirán acompañados de
Pablo Hinojar como parte do equipo técnico e o xuíz internacional
Santiago Filgueira.
A continuación, dende o día 13 ata o 20 de novembro celebrarase o
CAMPIONATO DO MUNDO POR IDADES nesta mesma cidade, no que estaremos representados polos seguintes ximnastas galegos membros da delegación española designada para representar a España nesta cita:
Olalla Montenegro (Sieiro),
Pablo Martínez (Sieiro),
Lucía Pereira (Sieiro),
Esther Pachecho (Sieiro),
Diego Rodríguez (Ximnasia Pavillón),
Iker García (Ximnasia Pavillón),
Daniel Imray (Ximnasia Pavillón),
Pedro Castaño (Ximnasia Pavillón),
Mateo Rodríguez (Ximnasia Pavillón),
Saul Rodríguez (Ximnasia Pavillón),
Hugo Rodríguez (Ximnasia Pavillón),
Marta Rodríguez (Ximnasia Pavillón),
Uxia Rodríguez (Ximnasia Pontevedra) e
Santiago Brea (Ximnasia Pontevedra).
Estes ximnastas estarán acompañados polos técnicos galegos
Inmaculada Pazos,
Iván Estévez,
Néstor González e
Sara Penedo, ademais da xuíza internacional
Ana Fuentes.
¡DESEXÁMOSLLES A TODOS MOITO ÉXITO!