Tras a celebración do Control Copa Raíña e Copa España Masculina de ximnasia rítmica, definiuse a composición dos equipos que representarán a Galicia en ambas competicións nacionais.
Copa da Raíña Individual Iberdrola GR (categoría feminina)
Cinta: Sara Sinanovic e Uxúe Álvarez
Pelota: Candela Martínez e Sabela López
Aro: Candela Cobián e Sabela López
Mazas: Candela Martínez e Uxúe Álvarez
Reservas: Martina López e Cayetana Flórez
Copa España Masculina GR (categoría masculina)
Cinta: Hernán Sio
Pelota: Hernán Sio
Aro: Roi Bouzas
Mazas: Jose Vázquez
Corda: Unai Sánchez
A Copa da Raíña Individual Iberdrola de Ximnasia Rítmica e a Copa España Masculina de Ximnasia Rítmica celebraranse do 7 ao 10 de maio en Santander, onde todos estes ximnastas formarán parte do equipo que representará a Galicia nesta importante cita nacional, levando o nome da comunidade ao máis alto da ximnasia rítmica.
MOITA FORZA EQUIPO!