A Federación Galega de Ximnasia informa da apertura da convocatoria de prazas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para o curso 2026/2027, destinada á modalidade de ximnasia.
As persoas deportistas interesadas que cumpran os requisitos establecidos nas bases deberán cubrir o formulario de solicitude antes do venres 10 de xullo ás 23:59 horas, para que a Federación poida tramitar a correspondente solicitude ante a Xunta de Galicia.

Prazas dispoñibles

GRUPO DE TECNIFICACIÓN
Dirixido a deportistas que cumpran entre 14 e 17 anos durante o ano 2026 (nados/as entre 2009 e 2012).
3 prazas de residente para a modalidade de ximnasia.

Documentación obrigatoria:
Copia do expediente académico do curso 2025/2026.
Volante de empadroamento da persoa solicitante.

GRUPO DE RENDEMENTO
Dirixido a deportistas de 18 ou máis anos.
- Prazas de residente: Deportistas que cumpran entre 18 e 25 anos en 2026 (nados/as entre 2001 e 2008) e que residan fóra dun radio de 3 km do CGTD no momento da solicitude.
- Prazas de externos: Deportistas que cumpran 18 anos en 2026 (nados/as no ano 2008 ou anteriores).

Documentación obrigatoria:
Volante de empadroamento da persoa solicitante.

Información importante:
Os deportistas deberán cubrir correctamente os Anexos VI e VII, tendo en conta que unicamente serán baremables os resultados obtidos en probas olímpicas (Trampolín).
Como excepción, no Grupo de Tecnificación tamén se valorarán os resultados acadados en Dobre Minitramp e Tumbling cando o deportista competise formando parte da selección española durante os anos 2025 ou 2026 en Campionatos do Mundo, Campionatos de Europa ou competicións internacionais da FIG.

Máis información
Pódense consultar as bases completas da convocatoria no DOG e descargar a circular resumo elaborada pola Federación.

Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con esta Federación a través dos medios habituais
Correo electrónico: info@ximnasia.com
Teléfono: 988 238 999
Real Federación Española de Gimnasia
Deputación de Ourense
Deputación da Coruña
Deputación de Pontevedra
Deputación de Lugo
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder a información do teu dispositivo. O consentimento destas texcnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas en este sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.
Política de Cookies Rexeitar Aceptar