Galicia xa ten definido o seu Equipo de Idade Escolar de Ximnasia Rítmica que representará á nosa comunidade no Campionato de España de Idade Escolar GR 2026, que terá lugar en Oviedo do 4 ao 7 de xuño. Tras a celebración do control clasificatorio para a configuración dos equipos, estas son as ximnastas, conxunto e aparellos seleccionados para a competición nacional.
CONXUNTO
XIMNASIA OLEIROS JUNIOR: Sara Reza, Vera Boedo, Valentina Torres, Paloma Casanova e Satya Fernández.
EQUIPO INDIVIDUAIS FEMININO
ARO: Sabela López e Uxúe Álvarez
PELOTA: Sabela López e Sara Alvarado
MAZAS: Sara Alvarado e Mireia Alonso
CORDA: Uxúe Álvarez e Mireia Alonso
CINTA: Uxúe Álvarez e Martina Villalba
ML: Noa Brandariz
RESERVA: Jimena Fernández
EQUIPO INDIVIDUAIS MASCULINO
ARO: José Vázquez
PELOTA: Patrick Celís
MAZAS: José Vázquez
CORDA: José Vázquez
CINTA: Daniel Rey
ML: Asier Garmendia
Desexámoslles moita sorte a todas as ximnastas e técnicos nesta importante cita nacional, na que representarán a Galicia co traballo, esforzo e ilusión demostrados ao longo da tempada.
MOITA FORZA EQUIPO!